A IMPORTANCIA DO XOGO NA ESCOLA
INFANTIL
O xogo nos mais pequenos é unha
NECESIDADE e a ACTIVIDADE FUNDAMENTAL, que os adultos debemos de
favorecer, provocar, observar e escoitar.
O xogo forma parte da condición do ser
humano, xa que é unha conducta que realizan os nenos/as de todas as
partes do mundo e de todos os tempos, así o xogo é unha conducta
espontánea que move aos cativos a interactuar coas persoas e os
obxectos por curiosidade innata e polo simple pracer de
facelo.
O xogo durante a infancia constitúe un
exercicio preparatorio xa que a través das actividades lúdicas
adquiren unha gran cantidade de coñecementos e habilidades utís
para a vida. Os xogos que realizan, dependen do seu nivel de
desenvolvemento intelectual; son necesarios para a súa maduración,
e esta non se alcanza ata finais da infancia.
O xogo simbólico non aparece de
súpeto, é consecuencia de todas as experiencias vividas e a
relación coas figuras de apego dende o nacemento. Cando xoga, non
solo está a divertirse senón que está a aprender, facer, crear,
imaxinar,... En calqueira escena de xogo podemos observar como
florece o desenvolvemento integral da crianza, como se están a
formar as capacidades esenciais no seu desenvolvemento.
Xogando simbólicamente os nenos e as
nenas afianzan as relacións sociais e aprenden a vivir en sociedade,
asumen roles, aprenden a interactuar cos demais, a resolver os
conflictos, a tomar decisións, a negociar cos seus iguais e a chegar
a acordos.
Cando xogan actúan de xeito
espontáneo, coma se fosen outras persoas para realizar os seus
desexos, así, consolidan estructuras mentais, favorecen a maduración
cognitiva, estimulan as capacidades de pensamento e a creatividade. O
xogo simbólico perfecciona o desenvolvemento motor na medida que
posibilita canalizar a necesidade de movemento e axuda a conseguir
seguridade, dominio e equilibrio do propio corpo. Así mesmo, este
tipo de xogo favorece a adquisición da linguaxe xa que impulsa a
falar consigo mesmo e cos demais, comeza a evocar as cousas, a
nomealas e a expresar os seus desexos e intereses.
Se prestamos atención aos nenos cando
xogan escoitarémoslles pronunciar verbas e frases novas, e incluso
atoparemos as nosas verbas reflectidas no seu xogo. O xogo simbólico
é o xogo por excelencia da escola infantil.
A esencia deste tipo de xogos de
imitación atopase na capacidade de simbolizar; de crear situacións
mentais e combinar feitos reais con feitos imaxinarios; caracterizado
por un tipo de asimilación, asimilación do real ao“EU”.
A escola é o lugar onde tamén se
aprende a “vivir”, e o xogo simbólico é un espazo de ensaio
para a
aprendizaxe da vida. Simbolizar,
representar, ser quen non son, para aprender a ser quen son.
Replantexarse o momento de xogo no día
a día trae consigo una serie de interrogantes e que debemos
respostar:
• Na organización diaria, tense
previsto un tempo para o xogo simbólico? Como se organiza este
tempo?
• Como se planifican os espazos e os
materiais para que sexan atractivos, motiven o xogo, estean ordeados
e ao seu alcance? Fanse cambios cada certo tempo en función da
evolución dos seus intereses?
• Como fomentamos a elección libre
de materiais? , potenciamos o seu uso para enriquecer o xogo?
• Intervimos correctamente deixando
espazo para a liberdade do neno, respectando a súa necesidade de
estar ou non presentes no seu xogo?
• Como se realizan as observacións
durante estes momentos de xogo? Que están aprendendo? Que situacións
emocionais experimentan? Como interaccionan?
• Estamos atentos as situacións onde
xorden conflictos e intervimos cando é necesario?
Debemos tomar conciencia de que o xogo,
ten un papel moi importante no desenvolvemento da personalidade. Non
debemos velo só como sinónimo de esparcemento, de diversión ou de
recreo, senón que este resulta clave para o desenvolvemento de
moitas das súas habilidades: cognitivo, social, comunicativo ou
afectivo.
E non só iso, senón que ademais, a
través do xogo, os nenos/as nenas descobren as súas posibilidades,
aprenden a coñecer o mundo que lles rodea e interpretan a realidade,
ensaian conductas sociais, asumen roles, aprenden, descargan impulsos
e exteriorizan as súas emocións e fantasías. Todo iso, lévanos a
considerar o xogo como unha das actividades básicas da infancia.
Por todo elo debemos ser moi rigorosos
a hora de observar e avaliar o xogo na Escola Infantil e as relacións
que se establecen entre os/as nenos/nenas. Debemos documentar toda
esta observación mediante:
• a observación directa
• a anotación diaria
• a gravación de vídeos
• a toma de fotografías
Con todos estes instrumentos será mais
fácil auto avaliar a nosa acción educativa fronte ao xogo, podendo
deste xeito, darlle ao xogo a importancia que debe ter dentro da
xornada escolar.
A observación de como xogan permítenos
realizar o seguimento dás súas conquistas ao longo do ano. Sempre
debemos usar a secuencia observar- reflexionar- interpretar. Deste
xeito interpretaremos:
• cales son as capacidades dos/das
nenos/nenas
• cales son as súas necesidades
• cales son as súas emocións
En moitas ocasións pensamos no xogo
como un instrumento de aprendizaxe a través do cal ofrecemos un
modelo positivo de imitación; sen embargo, algunhas veces non somos
quen de interpretar a información que nós dan no seu xogo.
As nenas e nenos necesitan dar saída
as súas emocións e para iso empregan o mundo simbólico do xogo; se
nós, coa nosa perspectiva adulta, reprimimos esas válvulas de
escape, o neno buscara outras saídas. “XOGAR É APRENDER A SER
LIBRE”: é vital para que a nena/ neno poida desfogarse da presión
que significa estar facendo sempre o que din os adultos.
O figura do docente no xogo debería
quedar nun segundo plano, en canto a que non debe dirixir o xogo.
Ainda que sí debemos estar presentes, ser respetuosos, saber
entender, saber escoitar, captar as inquedanzas dos que xogan, e para
elo, observar, estar dispoñibles, facilitar, participar cando no lo
soliciten, redirixir o xogo se xorden conflicto; as veces unha
pequena suxestión pode ser suficiente para alentar a imaxinación e
desviar o foco do conflicto.
A presenza do adulto é necesaria, xa
que proporciona un clima seguro dende o punto de vista afectivo e
físico (eliminación de riscos).
Por último a modo de conclusión decir
que o xogo, ao ser a actividade característica da infancia e
factor esencial para a adaptación
afectiva e social de nenos e nenas, así como o elemento básico para
o seu equilibrio emocional, seu desenvolvemento e aprendizaxe,
debería ser uns dos eixos básicos da actividade na Escola Infantil.
O blogue que serviu de referencia para a elaboración do mesmo foi o da escola infantil de silleda
ResponderEliminarhttp://www.escolasinfantisdegalicia.es/silleda